martes, 27 de xuño de 2017

CAMIÑADA DE FINAL DE CURSO

A dous días de rematar fixemos unha camiñada polo monte e río da parroquia de San Clemente onde visitamos un menhír, mámoas, un castro que non coñeciamos, un muíño... en tan só 10 quilómetros.



ESTUDO DE MACROINVERTEBRADOS EN AULA

O 9/12/2.016 aprobeitamos para visualizar con lupas binoculares e microscopio as larvas do río que trouxemos para a aula. Estudámolas en detalle e comprobamos tamén outros datos como transparencia da auga, osíxeno... Entrou o inspector pola porta cando estabamos afanados nesta tarefa.




FIXEMOS E COIDAMOS UN ACUARIO

Os de Segundo de Primaria prepararon un acuario con distintas especies vexetais e insectos e larvas de macroinvertebrados. Tamén había 3 cágados que foron transfomándose ata chegar a ras. Logo todos eles foron liberados.






SAÍDA PARA ANALIZAR O RÍO BERMAÑA

Un ano máis os de Quinto e Sexto comprobaron a excelente calidade da auga do Río Bermaña empregando parámetros químicos (Ph, osíxeno, nitratos) e biolóxicos (identificando os macroinvertebrados atopados).

VISITAMOS O ACUARIO DE A CORUÑA





VISITA DE PRIMAVERA A CALDAS DE REIS

Volvemos de novo ao xardín botánicos da vila en primavera onde plantamos unha árbore do amor. Coñecemos máis árbores entre elas unha de cada continente e achegámonos ao Río Umia